O acoso escolar afecta a nenos e adolescentes sen distinción de sexo ou idade e está presente tanto en zonas desfavorecidas social e economicamente como en ámbitos de clase social media e alta.
O acoso escolar ou bullying refírese á conduta de agresión física, psicolóxica, verbal ou ameazante que realiza un estudante contra outro de forma negativa, continua ou intencionada. As causas do acoso escolar son diversas e todas elas inciden de maneira negativa sobre a vítima, cuxas secuelas poden perdurar para sempre.
Estes comportamentos non se limitan á contorna escolar, tamén poden ocorrer durante as excursións, actividades extraescolares, no camiño a casa ou á escola ou, mesmo, a través das redes sociais ou internet, o que se coñece como ciberacoso ou ciberbullying. De feito, este tipo de acoso vai en aumento e ten a peculiaridade de que se pode producir en calquera momento do día.
Deixamosvos a ligazón ó PUNTO LARANXA por si queredes denunciar algún comportamiento inadecuado ou sospeita pinchando aqui

No hay comentarios:
Publicar un comentario