sábado, 29 de noviembre de 2025

Actividades Foliada

A próxima fin de semana, coincidindo ca ponte da constitución, celébrase en Fonsagrada a foliada organizada por 

Dende a ANPA organizamos algunhas actividades para os máis pequenos 

Ás 16:30h para toda a familia O cociñeiro de historias e contos, non Salón de actos Municipal. Un cociñeiro retranqueiro fará receitas de igualdade e tradición!


Ás 18:00h Nenos e nenas de entre 6 e 14 anos terán a oportunidade de descubrir os misterios da FOLIADA a través dun xogo de escapismo, nun marco de diversión e aprendizaxe, na biblioteca municipal. 

IMPORTANTE Para o EscapeRoom é necesario inscribirse non QR do cartel, as prazas son limitadas



miércoles, 19 de noviembre de 2025

Xornada de formación para as familias

A Xunta de Galicia desenvovlerá unha xornada de formación dirixida ás familias co título A familias como base do crecemento persoal e emocional

A formación abordará aspectos como o establecemento de límites para as rapazas e os rapaces ou o uso responsable das novas tecnoloxías. 

A xornada terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela en horario de mañá. Pódese realizar a inscrición de balde a traveś do Portal Educativa, na seguinte ligazón  https://centros.edu.xunta.gal/dxoie/gl/form/inscricion-formacion-de-familias 



martes, 11 de noviembre de 2025

Calendario actividades Igualdade

 Por aquí vos deixamos o calendario das actividades que se levarán a cabo nos próximos días no colexio dentro do Plan de Igualdade 





Guia para prevenir o acoso escolar de Unicef

 Desde Unicef nos fan chegar esta guía para prevenir o acoso escolar. 

Esta guía está dirixida ás familiar de nen@s en idade escolar. O texto céntrase no colexio e na familia, ámbitos educativos esenciais para a proteción da infancia e da adolescencia, por ser os seus principais lugares de convivencia, relación e actividade diaria. 

Podedes consultala ou descargar na seguinte ligazón Guia






Subvención concedida

 Dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a Xunta convoca axudas dirixidas ás ANPAs co fin de financiar actividades para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. 

Podedes consultar a resolución na seguinte ligazón Resolución

Estas axudas xestionanse a través da Consellería de Igualdade e están enmarcadas no desenrrolo do Pacto de Estado contra la Violencia de Género 




viernes, 7 de noviembre de 2025

Buzón ANPA no Instituto Vello

 Xa tedes indicado o buzón da ANPA na entrada do Vello Instituto. 

Se queredes comunicarvos con nos por escrito, deixar suxerencias, queixas...podedes facelo aqui 




miércoles, 5 de noviembre de 2025

Obra de teatro Pasmo de Pedra


Esta mañá tivo lugar a representación da obra de teatro "Pasmo de Pedra" no CEIP Santa María de A Fonsagrada a cargo de la compañía Micromina Títeres dentro do programa cultural promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A obra recrea con humor e ritmo a historia de Pardo de Cela e Isabel de Castro no castelo da Frouxeira, no ano 1543«Corre o ano 1543 cando Isa de Castro e Pardo de Cela, casados e residentes no castelo da Frouxeira, desfrutan dunha vida chea de privilexios e distraccións», explica a compañía. Pero a calma rompe cando «os bispos de Mondoñedo, fartos de ser troleados pola parella, contratan a un mercenario chamado Mudarra para que lles faga ou traballo sucio».


«Pasmo de pedra» combina teatro de monicreques, historia e humor para achegar ao público infantil un episodio lendario da cultura galega, convidando a reflexionar sobre o poder, a xustiza e a memoria dun dos personaxes máis simbólicos de Galicia.




martes, 4 de noviembre de 2025

Menú primeiro trimestre

 Aqui vos deixamos a ligazón ao menú do primeiro trimestre completo MENÚS PRIMEIRO TRIMESTRE




FORMACIÓN "REDES SOCIAIS E IGUALDADE"

ANPAS GALEGAS convídavos a participar na formación en liña REDES SOCIAIS E IGUALDADE, formación relacionada coa guía de igualdade deste ano 2025 que podes consultar na seguinte ligazón: https://www.anpasgalegas.gal/guias-de-igualdade/


A formación correrá a cargo de Igualadas consultoría e formación e terá unha duración de 3 horas. Para conectarse á formación enviaremos o enlace por correo electrónico o día anterior.

 📅 DÍA: 13 de novembro
 🕔 HORA: 17:30-20:30

Esta actividade é posible grazas ás "Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres" da Xunta de Galicia.

Enlace para inscrición: https://forms.gle/Zy6y332FfE3UCozW8



Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...