lunes, 19 de mayo de 2025

Axudas para libros de texto e material escolar

 Abrese o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar do curso 2025-2026

  • Compra de libros
  • Fondo de préstamo
  • Vales de materiales

Libros de texto (en función da renda per cápita familiar)

Fondo de préstamo gratuíto

   - Máis de 400.000 libros dispoñobles

   - Alumnado desde 3º de Primaria a 4º da ESO 

Axudas para compra

   - Contías entre 160€ e 300€ 

   - Alumnado de 1º e 2º de Primaria, Educación Especial e necesidades educativas especiais 

Material escolar (en función da renda per cápita familiar)

   - Bono para compras de 60€ e 75€


Pódense presentar as solicitudes de duas formas

   - Online. Na aplicación fondolibros ou en sede.xunta.gal

   - Presencial. No teu centro ou en rexistros oficiais 

As solicitudes pódense presentar dende o 16 de maio ata o 20 de xuño de 2025








Becas NEAE

 O Ministerio de Educación e Formación Profesional publíca a resolución do 23 de abril de 2025 pola que se convocan axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2025-2026. 

Pode ser beneficiario de estas becas o alumnado que acredite: 

  • Discapacidade =/> do 25%
  • Trastorno grave de conduta
  • Trastorno grave da comunicación ou da linguaxe
  • Trastorno do espectro autista
  • Altas capacidades
  • Alumnado con TDAH con necesidades derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación ou da linguaxe

As solicitudes deberán cumprimentarse nun formulario accesible por internet e deberá presentarse de forma telemática, non nos centros educativos como en anos anteriores. 

Ligazón e pasos a seguir para a solicitude pinchando aqui

O plazo para as solicitudes vai do 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025



viernes, 16 de mayo de 2025

Día das Letras Galegas A Fonsagrada

A Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros organiza o Festival das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio. A partires das 16h habrá actividades para nenos e a partires das 18h o festival no salón de Os Chaos




Cursos AFAMMER

A Federación de Mulleres do Rural da provincia de Lugo AFAMMER LUGO, ponse en contacto con nos, para presentar os cursos gratuítos de este ano 2025, que se ofrecen no marco do Plan Corresponsables. Esta iniciativa é posible grazas ao Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e ten como obxectivo principal desenvolver un dos eixos fundamentais do Plan Nacional de Corresponsables.

A finalidade desta vía formativa é impulsar a transformación do coidado de menores nunha actividade laboral regulada, xa sexa no ámbito do fogar, empresarial ou na cobertura de necesidades sociais relacionadas coa conciliación. Deste xeito, búscase avanzar na profesionalización do sector dos coidados de menores.

A formación consta de diversos cursos e o interese das familias do noso cole son os seguintes:

  • Trastornos na adolescencia e prevención do suicidio (6 horas)

  • Acoso escolar e ciberacoso (6 horas)

  • Resolución de conflitos (5 horas)

  • Sexualidade na adolescencia (5 horas)

  • Relacións e socialización en nenos, nenas e adolescentes (6 horas)

  • Eu tamén acompaño a un menor na rede (8 horas, repartidas en 2 xornadas de 4 horas, poden ser días consecutivos ou alternos)

Os cursos desenvolveranse entre os meses de maio e outubro. O único requisito é contar cun grupo de entre 8 e 15 asistentes para que a impartición da formación resulte viable.
Os cursos poden realizalo tanto familias, como persoal docente ou público en xeral. 
Esta enquisa esta feita en bases a os intereses marcados nunca enquisa anterior. 
Enviamos enquisa para realizar cursos cortos segundo os intereses marcados polas familias. Estará dispoñible ata o 15 de Xuño, tedes que escoller 2 opcions. Realizaranse as accións mais votadas que teñan un mínimo de 8 participantes.

Imagen que contiene dibujo

Descripción generada automáticamente

Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...