jueves, 24 de abril de 2025

9º Xornada da Escola de Familia


Ola Familias!

O éxito da última sesión da nosa Escola de Familia, centrada da psicoeducación

en TEA, deixou algo moi claro: hai moitas ganas de compartir, aprender e atopar

respostas prácticas para o día a día das familias. Moitas cuestións quedaron no

aire por falta de tempo, asi que... voltamos cunha nova xoranda para seguir afondando!

Data: Sábado 26 de abril de 2025

Hora: 10:00h

Lugar: VermisLab (Santiago de Compostela)

Nesta ocasión, mudamos lixeiramente o enfoque para centrarnos nun

aspecto clave na crianza e no benestar familiar: a xestión do tempo e

as rutinas, especialmente en contextos nos que hai un diagnóstico de TEA.

Traballaremos con casos prácticos, resolvendo dúbidas que poidades

traernos as familias asitentes. Será unha sesión moi participativa, na

que poderedes compartir experiencias reais e explorar ferramentas que

axuden a organizar o día a día con máis calma e equilibrio.

Se a túa familia está a buscar recursos para afrontar mellor os retos cotiáns,

esta é unha oportunidade perfecta para atopar acompañamento e inspiración.

Podes reservar a túa praza cubrindo o formulario que se abrirá premendo aqui

A escola de Familia é un espazo seguro, de encontro e aprendizaxe mutua.

Estades todas as familias convidadas, tanto se asististes á anterior sesión

como se é a vosa primeira vez.

Agardámosvos con moitas ganas!

lunes, 21 de abril de 2025

Escola de nais e pais

Maña martes 22 de abril, de 16:00h a 18:00h terá lugar no cole unha formación sobre disicplina positiva e resolución de conflitos da man de Susana Otero. Ela é psicóloga e especialista na prevención, intervención e formación para a mellora das relacións humanas no ámbito educativo. 










Obradoiro "Da árbore ao libro"

Con motivo do día libro, o próximo venres 25 faremos un obradorio na Biblioteca Pública Municipal para nenos e nenas maiores de 7 anos onde aprenderemos cousas moi interesantes sobre os libros.

Neste obradoiro aprenderemos 

    • Qué é a edición
    • Cómo se edita un libro 
    • Qué agocha dentro, ademais dunha historia
    • Cantas persoas fan falla para facelo
    • Qué clase de libros hai


Esperámosvos a todos o venres 25 ás 17:00 horas na Biblioteca.



sábado, 5 de abril de 2025

Axenda cultural Lugo 04/04 - 10/04

Deixamosvos o enlace ás actividades programadas pola área de cultura do Concello de Lugo para esta semana, do 4 ó 10 de abril. 
 Podedes ver ás diferentes actividades entrando neste enlace



Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...