jueves, 27 de febrero de 2025

Información do cole

 O CEIP Santa María de A Fonsagrada abre o prazo de admisión de novos alumnos para o vindeiro curso 25/26

Deixamosvos a ligazón á paxina do cole pinchando aqui




Entroido na Fonsagrada


A Comisión de festas de A Fonsagrada organiza a festa de entroido para o videiro sábado 1 de marzo. 

Ás 16h agárdavos o equipo de monitores no pabillón municipal con pintacaras, globoflexia e moitos xogos







Ausencia do pediatra

 No centro de saúde de A Fonsagrada vimos sufrindo unha desmantelación da sanidade pública xa desde hai tempo. Actualmente temos á pediatra de baixa, cousa á que evidentemente ten dereito como traballadora, pero o SERGAS non cubre a baixa. Isto está provocando problemas para os nosos pequenos, provoca que teñamos que desprazarnos mais de 60km. para levalos ó médico, está provocando retrasos na vacunación dos nen@s.... E a resposta do SERGAS é que non se vai a cubrir a baixa.

Por isto vámonos a xuntar o videiro luns 3 de marzo diante do centro de saúde para protestar e reclamar o dereito de atención sanitaria que nos están quitando. 



lunes, 3 de febrero de 2025

Punto laranxa

O acoso escolar afecta a nenos e adolescentes sen distinción de sexo ou idade e está presente tanto en zonas desfavorecidas social e economicamente como en ámbitos de clase social media e alta.

O acoso escolar ou bullying refírese á conduta de agresión física, psicolóxica, verbal ou ameazante que realiza un estudante contra outro de forma negativa, continua ou intencionada. As causas do acoso escolar son diversas e todas elas inciden de maneira negativa sobre a vítima, cuxas secuelas poden perdurar para sempre.

Estes comportamentos non se limitan á contorna escolar, tamén poden ocorrer durante as excursións, actividades extraescolares, no camiño a casa ou á escola ou, mesmo, a través das redes sociais ou internet, o que se coñece como ciberacoso ou ciberbullying. De feito, este tipo de acoso vai en aumento e ten a peculiaridade de que se pode producir en calquera momento do día.

Deixamosvos a ligazón ó PUNTO LARANXA por si queredes denunciar algún comportamiento inadecuado ou sospeita pinchando aqui




Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...