jueves, 11 de diciembre de 2025

Torneo de xadrez de Nadal

 A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento, en colaboración coa Escola Luguesa de Xadrez, organiza este domingo unha nova edición do Torneo Escolar de Xadrez de Nadal.

O torneo celebrarase o domingo 14 de decembro entre as 16.00 e as 20.00 horas. As persoas interesadas poderán inscribirse a través do formulario que deberán entregar ao persoal da Escola Luguesa de Xadrez ou a través dun correo electrónico á dirección escolaluguesaxadrez@gmail.com. A participación será gratuíta e os emparellamentos xeraranse mediante o programa Swiss Perfect.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e obsequios para todas as persoas participantes. 



Charla: Videoxogos e Redes Sociais

 A ANPA organiza para o vindeiro luns 15 de decembro, ás 17:00 horas un obradoiro sobre videoxogos e redes sociais en igualdade para as familias, subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Será a través da plataforma GoogleMeet. Ligazón para asistir:  meet.google.com/mgy-beji-ard



miércoles, 3 de diciembre de 2025

Visita da Apalpadora

 Antes da sua visita oficial de Nadal, dende as montañas, chega á Fonsagrada a Apalpadora!! E como non, ven acompañada do seu inseparable músico André. Xuntos mergullarémonos nas suas aventuras viaxando polas profundidades do monte.

O vindeiro mércores 10 de decembro a Apalpadora visitará o CEIP Santa Maria as 9:45 horas

Vémonos alí!







martes, 2 de diciembre de 2025

Recollida solidaria de xoguetes

 Desde a ANPA queremos compartir o espíritu navideño con nenos e nenas de familias necesitadas. En colaboración coa Asociación STOP de Vigo e a campaña CADA NIÑO... UN JUGUETE, vamos a organizar unha recollida de xoguetes novos ou usados (en boas condicións). 

Para a recollida dos xoguetes vaise habilitar un punto de recollida no cole ó longo da próxima semana, do 8 ao 12 de decembro. A ANPA recollerá os xoguetes o venres e serán entregados á Asociación o luns 15 en Becerreá. 

Podedes consultar máis información na ṕaxina da Asociación pinchando aqui ou colaborar económicamente aqui




Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...