jueves, 11 de diciembre de 2025

Torneo de xadrez de Nadal

 A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento, en colaboración coa Escola Luguesa de Xadrez, organiza este domingo unha nova edición do Torneo Escolar de Xadrez de Nadal.

O torneo celebrarase o domingo 14 de decembro entre as 16.00 e as 20.00 horas. As persoas interesadas poderán inscribirse a través do formulario que deberán entregar ao persoal da Escola Luguesa de Xadrez ou a través dun correo electrónico á dirección escolaluguesaxadrez@gmail.com. A participación será gratuíta e os emparellamentos xeraranse mediante o programa Swiss Perfect.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e obsequios para todas as persoas participantes. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Listado de libros 26-27

 Aqui vos deixamos a ligazón ao listado de libros para o vindeiro curso 2026-2027 Pincha na imaxe para visualizalo