viernes, 17 de octubre de 2025

Enquisa anteproxecto de Lei de Educación Dixital de Galicia

 Estimadas familias, 

A pasada semana tívose unha xuntanza para falar do anteproxecto da Lei de Educación Dixital de Galicia
Remítese por indicación do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Manuel Vila López, a presentación da Lei de Educación Dixital en Galicia.
Nesta xuntanza pediusenos ás familias unha valoración pola nosa parte da realidade dixital do ensino, así coma da nosa opinión sobre o futuro neste eido.
Na parte final, aparecen unha serie de cuestións concretas que a Consellería considera de interese para a realización de dita Lei.
Para facilitar que poidades participar, respostando ás preguntas resumimolas nun formulario.
Agradecemos que participedes cubrindo o formulario e compartindo a vosa opinión sobre o futuro da educación dixital.
 A participación cidadá é clave para construír unha escola máis xusta, inclusiva e adaptada aos novos retos tecnolóxicos.


Temos de prazo ata o 25 de outubro, polo que rogamos unha resposta canto antes.


https://forms.gle/5HFRKfnC4vq9U9bC7




martes, 14 de octubre de 2025

Horario de atención ás familias

 Deixamosvos o enlace á publicación na páxina do cole onde se comunica o horario de atención ás familias por parte do profesorado. 

Mércores de 10,30h a 11,25h

Concertar cita previa

HORARIO ATENCIÓN FAMILIAS POR PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO



viernes, 10 de octubre de 2025

Proxecto xornada continua

Como todos sabedes, no curso 21-22 entrou en funcionamento o plan de xornada continua no colexio. 

Para algunhas familias esto supón unha problematica por o tema da conciliación que non teñen porque complementarlo con actividades extraescolares, se non son do seu interese. 

Aqui deixamosvos o Proxecto de Xornada Única do centro para que poidades botarlle unha ollada e se tedes alghuna dúbida ou queredes aclaracións o respecto. 

Podedes consultar o Plan pinchando AQUI

Se queredes facernos algunha consulta podedes facelo por medio do buzón de suxerencias. 





jueves, 9 de octubre de 2025

Circo e malabares

 Co novo curso comezan tamen as actividades extraescolares do noso colexio, organizadas pola ANPA. 

Aqui vos deixamos unha mostra do que van a traballar os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria na actividade CIRCO E MALABARES con Walter 



sábado, 4 de octubre de 2025

MENÚ OUTUBRO

 Por aqui vos deixamos o menú do comedor do mes de outubro




CARDIO DANCE

 ACTIVA A TÚA ENERXÍA E O TEU RITMO!

Dende o ANPA convidámoste a probar unha actividade pensada especialmente para persoas adultas que queren moverse, coidarse e pasalo ben sen saír da vila:

💥 CARDIO DANCE 💥

🗓 Luns 13 de outubro

⌚20:00 h

📍IES Vello – Segunda planta

🎁 Clase de mostra gratuíta!

Mesturamos cardio, danza e teatro para ofrecerche unha experiencia chea de forza, ritmo e emoción.

Non fai falta ter experiencia, só ganas de gozar e desconectar.

👫 Actividade dirixida a persoas adultas.

✅ Prazas limitadas

📞 Reserva o teu lugar no: 604 819 056

👉 Ven probar sen compromiso e descubre unha maneira divertida de poñerte en forma na túa propia comunidade.



Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...