viernes, 17 de octubre de 2025

Enquisa anteproxecto de Lei de Educación Dixital de Galicia

 Estimadas familias, 

A pasada semana tívose unha xuntanza para falar do anteproxecto da Lei de Educación Dixital de Galicia
Remítese por indicación do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Manuel Vila López, a presentación da Lei de Educación Dixital en Galicia.
Nesta xuntanza pediusenos ás familias unha valoración pola nosa parte da realidade dixital do ensino, así coma da nosa opinión sobre o futuro neste eido.
Na parte final, aparecen unha serie de cuestións concretas que a Consellería considera de interese para a realización de dita Lei.
Para facilitar que poidades participar, respostando ás preguntas resumimolas nun formulario.
Agradecemos que participedes cubrindo o formulario e compartindo a vosa opinión sobre o futuro da educación dixital.
 A participación cidadá é clave para construír unha escola máis xusta, inclusiva e adaptada aos novos retos tecnolóxicos.


Temos de prazo ata o 25 de outubro, polo que rogamos unha resposta canto antes.


https://forms.gle/5HFRKfnC4vq9U9bC7




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Menú comedor escolar Xuño

 Deixamosvos o menú do mes de xuño