ANPAS GALEGAS convídavos a participar na formación en liña REDES SOCIAIS E IGUALDADE, formación relacionada coa guía de igualdade deste ano 2025 que podes consultar na seguinte ligazón: https://www.anpasgalegas.gal/
A formación correrá a cargo de Igualadas consultoría e formación e terá unha duración de 3 horas. Para conectarse á formación enviaremos o enlace por correo electrónico o día anterior.
📅 DÍA: 13 de novembro
🕔 HORA: 17:30-20:30
Esta actividade é posible grazas ás "Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres" da Xunta de Galicia.
Enlace para inscrición: https://forms.gle/ Zy6y332FfE3UCozW8
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario