lunes, 31 de marzo de 2025

Actividade formativa IV Congreso Educativo LGBTIQ+ de Galicia

Dende a asociación de profesorado galego Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia informamos da actividade de formación de profesorado IV CONGRESO EDUCATIVO LGBTIQ+ DE GALICIAactividade de balde que terá lugar o 26 de abril de 2025 no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. 


Ademáis de ser unha actividade de formación de profesorado, o congreso está aberto a familias, estudantes e público en xeral que recibirán un certificado de asistencia polas 8 horas de formación.

Co gallo da conmemoración do día da visibilidade lésbica e de xeito especial e pioneiro en Galicia, está dedicado ás realidades lésbicas e con especial atención á memoria histórica, á realidade das mulleres trans lesbianas, á visibilidade, ao Abuso Sexual Infantil, á Educación Sexual Integral, ao traballo cultural, ás experiencias nos centros educativos galegos e ás violencias sexuais.

O programa do congreso é o seguinte:

09:00   Apertura e sinaturas

09:30   Presentación

09:45   ÀFRICA ALONSO e KATY PALLÀS: "Una luz tímida”. Memoria histórica das mulleres lesbianas

10:45   VALENTINA BERR: Transitar é unha pregunta incómoda. Conversación sobre o libro “La respuesta a todo lo que preguntarías a una tía trans”

11:45   Pausa café

12:15   BEATRIZ SUÁREZ BRIONES: Lesbianas para rato: que, por que e para que da visibilidade lésbica

13:15   Mesa redonda - Proxectos culturais lesbogalaicos: A PANADARÍA, A MULLER DE 6 OLLOS e VACABURRA 

14:15   Xantar

16:30   CLAUDIA CAMPILLO: Sobrevivir e florecer. Rompendo o tabú do abuso sexual infantil

17:30   ROSA SANCHÍS: A lingua como espazo de ensino da educación sexual integral

18:30   Pausa café

19:00   Mesa redonda - EXPERIENCIAS DE PROFESORAS E ALUMNAS GALEGAS (SEN UNIFORME)

20:00   IRANTZU VARELA: Contraviolencia contra a violencia sexual: responder non é atacar

21:00   Fin congreso







jueves, 13 de marzo de 2025

Feira do Butelo

Os pasado 22 e 23 de febreiro celebrouse na Fosnagrada a XXVIII Feira do Butelo. No cole explicaronlle ós nen@s a festa e os mais pequenos fixeron unos debuxos moi chulos que estiveron expostos toda a fin de semana. 





martes, 11 de marzo de 2025

Evento anual Altas Capacidades asociación Intelecto

Boa tarde!

Desde a Asociación Intelecto, familias de nenos/as con Altas Capacidades e outras neurodiverxencias comunican o evento anual

O próximo sábado 22 de marzo terá lugar no Salón de Actos da UNED Lugo co seguinte programa:

9:15 a 9:45 h- Acreditación de asistentes. 
9:45 a 10:00 h- Presentación do acto. 
10:00 a 12:00 h- Rafa Dávila (orientador e especialista en AACC) e Ana Gloria Sánchez (psicóloga experta en AACC), ambos levan a cabo un programa específico de traballo co alumnado de AACC no centro Lazos. Falarán de inclusión do alumnado con AACC no sistema educativo e na sociedade e das preguntas e inquietudes na familia e nos centros educativos. 
12:00 a 12:30 h- Descanso-café.
12:30 a 14:00 h-  Leticia Garcés (pedagoga e especialista en parentalidade positiva e educación emocional e benestar ). Falará de Parentalidade Positiva e Acompañamento Educativo Familiar. 

Ata o día 15 de marzo estará o prazo aberto para non socios/as interesados nesta neurodiverxencia. 

O enlace á inscrición do evento é o seguinte:


O único que hai que facer é cubrilo e ingresar 10 euros como doazón para a asociación, o número de conta está no encabezado do formulario. 

Unha vez recibido recibirás un email de confirmación da túa praza para o evento xunto ás indicacións para ese día. 

Recorda que as prazas son limitadas, sacamos as últimas 30 para non socios/as. O formulario pecharase unha vez cubertas. 

Moitas grazas





Contos para a igualdade

Achegamos información das actividades organizadas durante este mes de marzo e dirixidas ó público infantil por si poden ser do voso interese. 



lunes, 10 de marzo de 2025

CONTOS PARA COEDUCAR


Dirixidos a estudantes de entre 6 e 12 anos, este tres contos visualizan a existencia de situacións cotiás qie seguen condicionadas polos estereotipos de xénero. A través da sua lectura, os estudantes aprenden, entre outras cousas, que os home e as mulleres non sempre teñen que sempeñar roles en función dos eu xénero; é decir, guerreiros ou viláns poden ser interpretados tanto por mulleres como por homes. Ademais, estas historias salientan que os seus protagonistas sempre elixen alternativas para resolver os seus conflitos nas que priman a paz e a convivencia. 


Podédelo ver pinchando aqui 



sábado, 8 de marzo de 2025

Mujeres referentes que todos los estudiantes deberian conocer

La figura de la mujer ha estado relegada a un segundo plano durante casi toda la historia en muchos campos de conocimiento. Pero sus aportaciones fueron determinantes para el mundo que conocemos hoy en día: a la sombra de sus compañeros varones, dejaron su huella en la ciencia, la cultura o la filosofía, aunque en la actualidad su labor siga siendo desconocida para muchos. Este recopilatorio de artículos publicados en nuestra web pretende reivindicar la figura de aquellas mujeres referentes que contribuyeron con sus conocimientos a evolucionar en múltiples campos de conocimiento y crear un mundo mejor. 


Mujeres referentes en ciencia y tecnología

Mujeres referentes en ciencia y humanidades

Mujeres referentes en STEM

Películas y documentales sobre mujeres filosofas

Mujeres de la generación del 27

Mujeres premio Nobel

Mujeres que contribuyeron a la igualdad

Mujeres actuales clave para el feminismo y la igualdad

Mujeres científicas

Mujeres cineastas

Mujeres inventoras

Mujeres astronautas

Mujeres matemáticas

Mujeres referentes en el sector tecnológico


jueves, 6 de marzo de 2025

TALLER: Educación emocional para nais e pais

O vindeiro mércores 12 de marzo as 19 horas contaremos coa presenza de Tamara Gabela para impartir un taller sobre intelixencia emocional. O taller se desenvolverá na aula da ANPA, no instituto vello, aula 2 segundo andar. 

                                                                                ___

A intelixencia emocional e as habilidades e competencias asociadas a esta pódense desenvolver ao longo da nosa vida pero é moi importante educar e traballar as emocións desde a infancia. 

As emocións están presentes en cada minuto, en cada segundo das nosas vidas, non é algo que apareza de forma puntual e @s nen@s atópanse nun momento vital para descubrilas. Ademais deben aprender a xestionalas xa que esa xentión é algo que non ven biolóxicamente impresa, senón que se aprende. 






Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...