Boa tarde!
Desde a Asociación Intelecto, familias de nenos/as con Altas Capacidades e outras neurodiverxencias comunican o evento anual
O próximo sábado 22 de marzo terá lugar no Salón de Actos da UNED Lugo co seguinte programa:
9:15 a 9:45 h- Acreditación de asistentes.
9:45 a 10:00 h- Presentación do acto.
10:00 a 12:00 h- Rafa Dávila (orientador e especialista en AACC) e Ana Gloria Sánchez (psicóloga experta en AACC), ambos levan a cabo un programa específico de traballo co alumnado de AACC no centro Lazos. Falarán de inclusión do alumnado con AACC no sistema educativo e na sociedade e das preguntas e inquietudes na familia e nos centros educativos.
12:00 a 12:30 h- Descanso-café.
12:30 a 14:00 h- Leticia Garcés (pedagoga e especialista en parentalidade positiva e educación emocional e benestar ). Falará de Parentalidade Positiva e Acompañamento Educativo Familiar.
Ata o día 15 de marzo estará o prazo aberto para non socios/as interesados nesta neurodiverxencia.
O enlace á inscrición do evento é o seguinte:
O único que hai que facer é cubrilo e ingresar 10 euros como doazón para a asociación, o número de conta está no encabezado do formulario.
Unha vez recibido recibirás un email de confirmación da túa praza para o evento xunto ás indicacións para ese día.
Recorda que as prazas son limitadas, sacamos as últimas 30 para non socios/as. O formulario pecharase unha vez cubertas.
Moitas grazas

No hay comentarios:
Publicar un comentario