jueves, 11 de junio de 2026

Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por completo, a outros lles xera dúbidas e inseguridade, e case todos sentimos a incerteza de non saber se o estamos facendo ben. 

Moitos esperan a que os seus fillos experimenten os primeiros cambios físicos para que as preguntas xurdan de forma natural. Con todo, a sexualidade non comeza na puberdade e, se non falamos dela antes, o máis probable é que estas preguntas nunca xurdan. A sexualidade comeza moito antes. Está presente desde a primeira infancia na curiosidade e a exploración dos nenos sobre os seus corpos e o pracer. Nas súas preguntas, na súa necesidade de afecto e na súa forma de relacionarse cos demais. Os nenos non necesitan longos discursos nin explicacións técnicas, necesitan adultos tranquilos que poidan falar destes temas. Dunha maneira máis directa ou máis sinxela, pero deben falar e estar dispoñibles, porque iso lles axuda a comprender que a sexualidade é simplemente outra parte da vida. 

Cando un adulto responde as preguntas do neno con naturalidade e aborda temas relacionados coa sexualidade, os nenos tamén comprenden que poden contar connosco se teñen algunha dúbida ou necesitan aprender algo máis.

Deixamosvos esta guia Hablar de sexualidad con los niños por se vos pode resultar de interese

Podedes descargalo pinchando aqui





Campamento de verán

 Temos boas novas para vos!

Dentro do Plan Corresponsables concederonnos a subvención para a realización de varias iniciativas para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Xa vos iremos informando de outras acciones de formación que levaremos a cabo o vindeiro curso. 

Polo de agora xa está aberto o prazo para matricular os nen@s no campamento entre os días 22 de xuño ao 14 de xullo e do 31 de agosto ao 4 de setembro. A matrícula pode ser por semanas.

Podedes descargar a folla de inscrición 

Para a entrega da matricula podedes facelo mediante mail anpa.afonsagrada@gmail.com ou no buzón da anpa no instituto vello 





lunes, 8 de junio de 2026

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ata o 19 de xuño de 2026 poderanse presentar as solicitudes do fondo solidario de libros e axudas para libros de texto e material escolar.

As consultas atenderanse por teléfono (982 828173-982 828174) ou por correo electrónico ceip.santamaria.fonsagrada@edu.xunta.gal

IMPORTANTE:

  • Debe presentarse unha única solicitude por familia e centro educativo
  • A solicitude debe estar asinada.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude (ANEXO II)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente
  • Só se é o caso: certificado de discapacidade, documentación acreditativa de violencia de xénero, resolución de acollemento ou tutela, certificado de convivencia e outra documentación xustificativa necesaria.

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Aplicativo FondoLibros
  • Orde do 29 de abril de 2026
  • Manual do cidadán.Fondo Libros
  • Información naSede Electrónica da Xunta de Galica

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • De forma presencial no centro (podedes recoller no centro os anexos correspondentes)
  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia


Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...