lunes, 8 de junio de 2026

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ata o 19 de xuño de 2026 poderanse presentar as solicitudes do fondo solidario de libros e axudas para libros de texto e material escolar.

As consultas atenderanse por teléfono (982 828173-982 828174) ou por correo electrónico ceip.santamaria.fonsagrada@edu.xunta.gal

IMPORTANTE:

  • Debe presentarse unha única solicitude por familia e centro educativo
  • A solicitude debe estar asinada.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude (ANEXO II)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente
  • Só se é o caso: certificado de discapacidade, documentación acreditativa de violencia de xénero, resolución de acollemento ou tutela, certificado de convivencia e outra documentación xustificativa necesaria.

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Aplicativo FondoLibros
  • Orde do 29 de abril de 2026
  • Manual do cidadán.Fondo Libros
  • Información naSede Electrónica da Xunta de Galica

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • De forma presencial no centro (podedes recoller no centro os anexos correspondentes)
  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Hablar de sexualidad con los niños. Cómo acompañar su curiosidad con naturalidad y respeto

Falar de sexualidade cos fillos non é unha tarefa coa que moito pais se sintan cómodos. A moitos lles resulta tan incómodo que o evitan por ...