A ANPA do noso centro foi beneficiaria dunha subvención destinada á promoción da igualdade, que permitirá poñer en marcha diferentes actividades e iniciativas dirixidas a fomentar valores como a igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación dos estereotipos e das discriminacións.
Grazas a esta axuda, durante o vindeiro mes de outubro desenvolveranse no colexio diferentes accións e actividades de sensibilización sobre a igualdade, nas que poderá participar o alumnado.
Estas propostas estarán pensadas para traballar, dun xeito educativo, participativo e adaptado ás diferentes idades, a importancia de construír unha sociedade máis igualitaria, inclusiva e respectuosa.
Desde a ANPA agradecemos a concesión desta subvención, que nos permite seguir impulsando iniciativas que contribúan á formación dos nosos nenos e nenas e á creación dunha comunidade educativa baseada no respecto, a igualdade de oportunidades e a convivencia.
📅 Durante o mes de outubro, a igualdade será protagonista no noso colexio!
Dende a ANPA poñemos en marcha este programa para previr as violencias machistas desde a infancia econstruirr unha convivencia baseada no respecto, a igualdade e o botrato.
Traballaremos co alumnado, profesorado e familias para identificar estereotipos e micromachismos, valorar a diversidade, desenvolver habilidades emocionais e comunicativas e fomentar relacións máis igualitarias, inclusivas e libres de violencias.
Así mesmo crearemos un recurso didáctico que daremos a coñecer nunha xornada comunitaria que convidaremos a vos acheguedes!
Porque educar en igualdade é cosntruir un futuro de botrato.
Porque educar en igualdade é construír xuntos un futuro mellor. 💜








