Neste curso, desde a ANPA, queremos poñer en marcha unha iniciativa especial para a Nadal:
Recollida de xoguetes co obxectivo de recadar fondos para a asociación e, ao mesmo tempo, colaborar con quen máis o precisa.
Todos os xoguetes que se recollan serán postos á venda durante no mercadillo da Foliada, onde instalaremos un posto solidario, e por un prezo baixo as familias poderan adquirilos. Os fondos obtidos coa venda destinaranse a apoiar as actividades e proxectos do ANPA.
Pero a iniciativa non remata aí. Os xoguetes que non se vendan serán doados á Asociación STOP de Vigo, sumándonos tamén á súa campaña “Cada neno... un xoguete”, para que poidan chegar a nenos e nenas que os necesitan e contribuír a que ninghuna criatura quede sen o seu agasallo nestas datas. 🎄🎁
Por iso, animámosvos a participar nesta recollida achegando xoguetes en bo estado, que poidan ter unha segunda vida e facer feliz a outro neno ou nena.
Entre todas e todos podemos conseguir que un xoguete sexa moito máis ca un xoguete: unha oportunidade para compartir, colaborar e regalar ilusión.
📍 Recollida de xoguetes: Local da ANPA, os venres entre as 17 e as 19 horas ata o 27 de novembro
🎶 Venda solidaria: na Foliada
❤️ Destino dos xoguetes restantes: Asociación STOP de Vigo – campaña “Cada neno... un xoguete”
Grazas por colaborar e por facer posible que esta iniciativa chegue máis lonxe!

No hay comentarios:
Publicar un comentario