Como ven sendo habitual, o ultimo xoves do curso a ANPA organiza unha festa con hinchables e merenda para despedir o curso no patio do colexio. A festa desenvolverase entre as 15:45 e as 18:30 horas.
Cabe recordar que esta actividade, ainda sendo nas instalacións do colexio, é allea a el de xeito que será necesario que @s nen@s sexan recollidos no horario habitual e posteriormente conducidos á zona habilitada para a festa. Do mesmo xeito, durante o tempo que @s nen@s permanezan na mesma será necesario que estean cun adulto responsable xa que non haberá persoal pendente delos.
Posteriormente, e dentro das actividades de fin de curso, terá lugar o concerto da Asociación Cultural Mestura de Nete na praza da igrexa. Esta actuación está subvencionada pola Area de Cultura da Deputación de Lugo dentro do programa Tradigalu.
Esperámosvos a todas e todos!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario