jueves, 24 de abril de 2025

9º Xornada da Escola de Familia


Ola Familias!

O éxito da última sesión da nosa Escola de Familia, centrada da psicoeducación

en TEA, deixou algo moi claro: hai moitas ganas de compartir, aprender e atopar

respostas prácticas para o día a día das familias. Moitas cuestións quedaron no

aire por falta de tempo, asi que... voltamos cunha nova xoranda para seguir afondando!

Data: Sábado 26 de abril de 2025

Hora: 10:00h

Lugar: VermisLab (Santiago de Compostela)

Nesta ocasión, mudamos lixeiramente o enfoque para centrarnos nun

aspecto clave na crianza e no benestar familiar: a xestión do tempo e

as rutinas, especialmente en contextos nos que hai un diagnóstico de TEA.

Traballaremos con casos prácticos, resolvendo dúbidas que poidades

traernos as familias asitentes. Será unha sesión moi participativa, na

que poderedes compartir experiencias reais e explorar ferramentas que

axuden a organizar o día a día con máis calma e equilibrio.

Se a túa familia está a buscar recursos para afrontar mellor os retos cotiáns,

esta é unha oportunidade perfecta para atopar acompañamento e inspiración.

Podes reservar a túa praza cubrindo o formulario que se abrirá premendo aqui

A escola de Familia é un espazo seguro, de encontro e aprendizaxe mutua.

Estades todas as familias convidadas, tanto se asististes á anterior sesión

como se é a vosa primeira vez.

Agardámosvos con moitas ganas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Menú comedor escolar Xuño

 Deixamosvos o menú do mes de xuño