A Federación de Mulleres do Rural da provincia de Lugo AFAMMER LUGO, ponse en contacto con nos, para presentar os cursos gratuítos de este ano 2025, que se ofrecen no marco do Plan Corresponsables. Esta iniciativa é posible grazas ao Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e ten como obxectivo principal desenvolver un dos eixos fundamentais do Plan Nacional de Corresponsables.
A finalidade desta vía formativa é impulsar a transformación do coidado de menores nunha actividade laboral regulada, xa sexa no ámbito do fogar, empresarial ou na cobertura de necesidades sociais relacionadas coa conciliación. Deste xeito, búscase avanzar na profesionalización do sector dos coidados de menores.
A formación consta de diversos cursos e o interese das familias do noso cole son os seguintes:
Trastornos na adolescencia e prevención do suicidio (6 horas)
Acoso escolar e ciberacoso (6 horas)
Resolución de conflitos (5 horas)
Sexualidade na adolescencia (5 horas)
Relacións e socialización en nenos, nenas e adolescentes (6 horas)
Eu tamén acompaño a un menor na rede (8 horas, repartidas en 2 xornadas de 4 horas, poden ser días consecutivos ou alternos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario