miércoles, 5 de noviembre de 2025

Obra de teatro Pasmo de Pedra


Esta mañá tivo lugar a representación da obra de teatro "Pasmo de Pedra" no CEIP Santa María de A Fonsagrada a cargo de la compañía Micromina Títeres dentro do programa cultural promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A obra recrea con humor e ritmo a historia de Pardo de Cela e Isabel de Castro no castelo da Frouxeira, no ano 1543«Corre o ano 1543 cando Isa de Castro e Pardo de Cela, casados e residentes no castelo da Frouxeira, desfrutan dunha vida chea de privilexios e distraccións», explica a compañía. Pero a calma rompe cando «os bispos de Mondoñedo, fartos de ser troleados pola parella, contratan a un mercenario chamado Mudarra para que lles faga ou traballo sucio».


«Pasmo de pedra» combina teatro de monicreques, historia e humor para achegar ao público infantil un episodio lendario da cultura galega, convidando a reflexionar sobre o poder, a xustiza e a memoria dun dos personaxes máis simbólicos de Galicia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Menú comedor escolar Xuño

 Deixamosvos o menú do mes de xuño