martes, 10 de junio de 2025

Campamento de verán

 Boas a tod@s!

Dende a ANPA CEIP da Fonsagrada, imos organizar un Campamento de Verán para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares de verán. 
Para participar é preciso entregar a folla de inscrición cuberta e asinada na ANPA (tódalas follas, incluíndo a protección de datos). As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Se non se chega a un número mínimo de inscritos, poderá suspenderse algunha ou varias semanas de campamento. 

DATAS E HORARIO:
Datas: do 30 de xuño ao 4 de xullo, do 7 ao 11 de xullo de 2025, e por último, do 1 ao 5 de setembro
Lugar: Aula Verde
Horario: 09:00 a 14:00
Peche inscricións: 17/06/2025
Prezo (por semana): 1 nena/o 40 €, irmáns 20% desconto.

Podedes descargar a folla de inscrición pinchando aqui

Para calquera dúbida podedes contactar con nos na direción anpa.afonsagrada@gmail.com ou no WhatsApp 680904425





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Menú comedor escolar Xuño

 Deixamosvos o menú do mes de xuño